Eduardo Rivo - 24erivo26022024rivo.jpg

Perfil asistencial

Son doutor en cirurxía, médico especialista en cirurxía torácica, cirurxán robótico certificado e profesor asociado de ciencias da saúde. Tamén conto coa certificación ATLS (advanced trauma life support) do colexio americano de cirurxáns.

Na actualidade atópome vinculado profesionalmente ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, onde realizo a miña actividade asistencial, e á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.


Na miña carteira de servizos atópanse, entre outros, os seguintes procesos e procedimentos:

  • Cirurxía torácica xeral
  • Cirurxía torácica mínimamente invasiva/Cirurxía torácica vídeoasistida
  • Cirurxía torácica robótica
  • Oncoloxía torácica: diagnóstico e tratamento do cancro de pulmón e os outros tumores torácicos
  • Cribado e detección precoz do cancro de pulmón
  • Cirurxía da vía aérea
  • Broncoscopia ríxida e flexible, broncoloxía intervencionista e broncoláser
  • Cirurxía do neumotórax e do enfisema
  • Cirurxía das deformidades da parede torácica (pectus excavatum, pectus carinatum...)
  • Patoloxía do estreito torácico superior
  • Cirurxía do simpático torácico-hiperhidrose (exceso de sudoración en mans, axilas, facial...)

Outros procedementos

Non dubide en porse en contacto e consultar sobre calquera outro procedemento non recollido no anterior listado. Estarei encantado de compartir con vostede a miña experiencia ou pó-lo en contacto con outro especialista máis axeitado. 

Non se almacenarán os datos aportados neste formulario
* Información obrigatoria