#BMP

Banda de Música de Padrón

 

Eduardo Rivo - 100617bmp1.jpg

 

Galiza é vizosa en bandas de música. Malia o cativo apoio oficial, as bandas abrochan nese hermo que se extende dende o folclore ata a música alcumada "culta". Non só custodian unha tradición de noso senón que tamén estrean as composicións dos novos creadores e desenvolven unha tarefa educativa inestimabel: ensinan música pero tamén valores coma o esforzo,  disciplina,  respecto, compañeirismo e colaboración...

A Banda de Música de Padrón cumpre agora unha década de traballo baixo a batuta do Mestre Braulio Cao Ledo, motivo suficiente para seguila nos seus concertos durante máis de dous anos. O proxecto #BMP é o froito deste seguimento, do que agora se achegan cincuenta imaxes nunha exposición. 

Estas cincuenta imaxes e algunhas máis están tamén dispoñibles na galería desta web e poden mercarse na tenda en liña.

 

Unha montaxe desta serie fotográfica impresa en 50x40cm está dispoñible para a súa exposición. 

Cartel BMP Casa do Patín