Docencia

Durante máis de dúas décadas teño combinado a miña tarefa asistencial e a miña propia formación continua coa docencia pregrado, postgraduada e a formación médica continuada.

Formación pregrado

Son profesor asociado de ciencias da saúde da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Esta tarefa abrangue aspectos diversos coma a formación teórica nas aulas e seminarios, as prácticas hospitalarias dos estudantes de medicina e a dirección de traballos de fin de grao entre outras.

Formación postgrado

Colaboro regularmente na formación de novos especialistas médicos, como titor de residentes e colaborador docente. Na actualidade, como colaobrador docente da unidade docente de ciruruxía torácica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, participo na formación de novos especialistas en cirurxía torácica, así como na formación en cirurxía torácica de médicos residentes doutras especialidades (cirurxía xeral, neumoloxía, traumatoloxía, anestesia e reanimación, cirurxía vascular...)

Formación médica continuada

Son vocal do comité de docencia e formación médica continuada da SECT (Sociedad Española de Cirugía Torácica) ademáis de colaborar con esta Sociedade na coordinación do seu campus virtual e no desenvolvemento de actividades formativas tanto en líña como presenciais (webinars, cursos acreditados, curso de actualización... ).
Tamén teño colaborado en actividades formativas con outras sociedades, asociacións e empresas como a Mainz European School of Minimally Invasive Thoracic Surgery, International Society of Minimally Invasive Cardiothoracic Surgery, SOGAPAR, SEPAR, AEC, Astra Zéneca, Roche, Johnson&Johnson... 


Eduardo Rivo - 24medicina227022024aula.jpg

"Cos meus mestres aprendin moito; cos meus colegas, máis; cos meus alumnos moito máis." Proverbio hindú.