Eduardo Rivo - 24dsc_324328022024investigac-ts20240511154757936586.jpg

Perfil investigador

No ano 2012 lin a miña tese de doutoramento, titulada Aplicabilidade do modelo de proceso CRISP-DM á cirurxía do cancro de pulmón: o prolbema da idade. Recibín a calificación de Sobresaliente Cum Laude

Ao longo de case tres décadas teño participado e liderado numerosos proxectos de investigación que veñen dando como froitos dúcias de publicacións en libros e revistas científicas indexadas. 

Na actualidade formo parte do comité editorial da revista Archivos de Bronconeumología e veño realizando tarefas de revisión para revistas internacionais coma Annal of Cardiothoracic Surgery, British Journal of Surgery, Assian Cardiovascular and Thoracic Surgery, Clínical and Translational Oncology Research, Revista Portuguesa de Pneumología, Cirugía Española, etc.

Tamén avalío proxectos de investigación para a Sociedad Española de Cirugía Torácica como membro do seu Comité de Docencia e Formación Continuada.

Por outra banda, a miña faceta docente tamén implica a dirección de numerosos traballos de investigación.


En definitiva, a tarefe investigadora é un dos piares da miña actividade profesional e continúo compartindo en publicacións e comunicando en congresos os nosos achados, sempre coa esperanza de que estes sirvan para mellorar a saúde das persoas.



Sapere aude. 

Horacio